Que é un PLE?
O contexto de aprendizaxe nos últimos anos cambiou a unha
velocidade de vértigo debido ás novas tecnoloxías da información e da
comunicación (TIC). Isto plantexou
unha nova forma de aprender,
e surxiu o concepto de “PLE” que
significa entorno persoal de aprendizaxe, isto é, o conxunto de fontes de
información, ferramentas , conexións e actividades que cada persoa utiliza de
maneira asidua para obter coñecemento.
Pero sen dúbida a característica máis destacable do Entorno
Persoal de Aprendizaxe é que sirve para seleccionar a información máis
relevante de toda a que circula pola rede
(curación de contidos).
Así está o meu PLE
Como se pode observar aínda estou traballando na súa
mellora, e para isto existen unha serie de recursos e ferramentas que podemos
utilizar para a súa expansión.
A Expansión do meu
PLE
Sen lugar a dúbidas unha das claves para poder expandir o
meu PLE é o uso de canles de suscripción RSS para poder xestionar grandes
volúmenes de información. Existen un montón de ferramentas para suscribirse a
canles RSS pero eu recoméndovos o uso de Feedly.
Feedly é un lector de feeds que permite
suscribirse ás novas de multitude de sitios web desde un mismo lugar. E sobre
todo é moi recomendable pola súa versatilidade e sencillez, podes acceder
desde o escritorio web ou desde o móvil, desde calqueira lugar, e permite
aforrar moito tempo e ordear a información según o que máis che interese. Aquí tedes un tutorial para aprender a utilizalo.
E deíxovos unha captura de cómo está a miña interfaz con algunas
suscripcións:
Outras ferramentas de interés
Sen lugar a dúbida, hai todo tipo de ferramentas que podemos utilizar para
a curación de contidos, como poden ser Flipboard, Scoopit, Delicious ou unha que estou
empezando a probar como é Diigo.
Diigo é marcador social online, é dicir, trátase de unha ferramenta que che
permite gardar a información valiosa da rede en marcadores para a súa posterior
recuperación. Algo similar aos favoritos do teu ordenador.
En un navegador podes:
- Gardar páxinas web para volver acceder a elas
- Organizar o contido en carpetas
- Renombrar o título da páxina web e así personalízalo
En cambio con
Diigo podes:
- Gardar páxinas web para volver
acceder a ellas
- Crear grupos, etiquetas,
categorías…, que che axuden a organizar o contido
- Renombrar o título da páxina
web e así personalizalo
- Añadir comentarios importantes
- Seleccionar texto da páxina web
e marcalo como importante
- Facer capturas de pantalla
- Buscar contido no propio
buscador de Diigo
- Compartir as tuas
páxinas gardadas
- Traballar colaborativamente
- Organizar o teu contido en
privado e público
- O teu contido estará accesible desde calqueira dispositivo con acceso a internet
Aquí vos deixo un vídeo
explicativo para aprender a usala, e así seguir ampliando recursos na expansión
do voso PLE.

No hay comentarios:
Publicar un comentario