viernes, 2 de noviembre de 2018

PLE OU ENTORNO PERSOAL DE APRENDIZAXE


Que é un PLE?


O contexto de aprendizaxe nos últimos anos cambiou a unha velocidade de vértigo debido ás novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Isto plantexou unha nova forma de aprender, e surxiu o concepto de “PLE” que significa entorno persoal de aprendizaxe, isto é, o conxunto de fontes de información, ferramentas , conexións e actividades que cada persoa utiliza de maneira asidua para obter coñecemento.
Pero sen dúbida a característica máis destacable do Entorno Persoal de Aprendizaxe é que sirve para seleccionar a información máis relevante de toda a que circula pola rede (curación de contidos).




Así está o meu PLE

Aquí mesmo vos mostro en este debuxo como está o meu entorno persoal de aprendizaxe:






Como se pode observar aínda estou traballando na súa mellora, e para isto existen unha serie de recursos e ferramentas que podemos utilizar para a súa expansión.


A Expansión do meu PLE

Sen lugar a dúbidas unha das claves para poder expandir o meu PLE é o uso de canles de suscripción RSS para poder xestionar grandes volúmenes de información. Existen un montón de ferramentas para suscribirse a canles RSS pero eu recoméndovos o uso de Feedly. Feedly é  un lector de feeds que permite suscribirse ás novas de multitude de sitios web desde un mismo lugar. E sobre todo é moi recomendable pola súa versatilidade e sencillez, podes acceder desde o escritorio web ou desde o móvil, desde calqueira lugar, e permite aforrar moito tempo e ordear a información según o que máis che interese. Aquí tedes un tutorial para aprender a utilizalo.

E deíxovos unha captura de cómo está a miña interfaz con algunas suscripcións:





Outras ferramentas de interés

Sen lugar a dúbida, hai todo tipo de ferramentas que podemos utilizar para a curación de contidos, como poden ser Flipboard, Scoopit, Delicious ou unha que estou empezando a probar como é Diigo.

Diigo é marcador social online, é dicir, trátase de unha ferramenta que che permite gardar a información valiosa da rede en marcadores para a súa posterior recuperación. Algo similar aos favoritos do teu ordenador.


 En un navegador podes:


  •          Gardar páxinas web para volver acceder a elas
  •          Organizar o contido en carpetas
  •         Renombrar o título da páxina web e así personalízalo

En cambio con Diigo podes:

  • Gardar páxinas web para volver acceder a ellas
  • Crear grupos, etiquetas, categorías…, que che axuden a organizar o contido
  • Renombrar o título da páxina web e así personalizalo
  • Añadir comentarios importantes
  • Seleccionar texto da páxina web e marcalo como importante
  • Facer capturas de pantalla
  • Buscar contido no propio buscador de Diigo
  • Compartir  as tuas  páxinas gardadas
  • Traballar colaborativamente
  • Organizar o teu contido en privado e público
  • O teu contido estará accesible desde calqueira dispositivo con acceso a internet

Aquí vos deixo un vídeo explicativo para aprender a usala, e así seguir ampliando recursos na expansión do voso PLE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario